=(Igual) en la Biblioteca Municipal de Carballo.
= (Igual) quere concienciar os/as cativos/as e mozos/as da necesidade da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiáns coma as cores, os traballos, os xoguetes ou a roupa.

= (Igual) quere concienciar os/as cativos/as e mozos/as da necesidade da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiáns coma as cores, os traballos, os xoguetes ou a roupa.

A familia Papaventos que voa polo ceo poden ser de moitos tipos, pero se algo as caracteriza é que están cheíñas de historias e de alegría. Ademáis, como viaxan moito, a familia Papaventos coñece airexas e animais do máis estraño. Contos sobre a amizade acompañados pola voz e a guitarra de Charo Pita interpretando algunha canción do seu libro disco No país do vento.


Contacontos interactivo no que a través do conto sobre igualdade de xénero, Daniela Pirata, teremos que superar 7 probas para converternos nuns auténticos piratas. Ao finalizar e obter o desexado tesouro, teremos que enfrontarnos có Capitán que non permitirá que as nenas sexan piratas no seu barco. Na actividade, xogaremos, cantaremos, bailaremos, pintarémosnos e loitaremos contra a desigualdade.
View this post on InstagramA post shared by Biblioteca Rego da Balsa (@bibliocarballo) on
Nesta ocasión, e como acontece sempre con Pakolas, o seu espectáculo “Cores, contos e Rock’N’Roll” estivo cheo de ritmo e enerxía.
Veu acompañado da ilustradora Laura Romero e quedamos encantad@s coa súa visita, que serviu de inauguración para a terceira xornada da Praza dos Libros.
Hoxe, no Día Internacional da Biblioteca, fixemos unha festa. Maria Faltri visitóunos coa súa bibliodiscoteca itinerante cargada cunha boa lista de reproducción de música en galego, una selección dos mellores temas que se publican cada ano. Foi unha gran festa, na cal nos divertimos, cantamos, nos disfrazamos e bailamos. Perrucas, instrumentos, pompóns, e sobre todo moita empatía.
Grazas a tod@s por acompañarnos neste día tan especial e tamén dar as grazas a María Faltri por facernos cantar, bailar e rir coa súa bibliodiscoteca, actividade de animación á lectura que aparece no programa de actividades Ler conta moito.

A compañía de teatro Caramuxo Teatro, presentóunos un espectáculo de teatro para bebés e familias que narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono. Foi unha posta en escea interactiva, onde os zapatos cobraron vida. Os mais pequen@s coñeceron a Pequecho e aos seus irmáns, á bela bailarina, ao sol, a nube e moitas historias máis.


Unha proposta cunha coidada estética que lle valeu a distinción de Espectáculo Recomendado pola Red Nacional de Teatros e una Mención Especial do Xurado na XXVI Internacional de Vall d’ Albaida.


@s nen@s divertíronse moito aprendendo a montar a súa propia máquina de facer debuxos animados.
Cámara, luces …, e acción! Abraiados estamos con este obradoiro de “A máquina de facer debuxos animados” con Laura Alonso dentro do programa de Ler Conta Moito. Parece sinxelo pero desde logo é un proceso altamente creativo no que os rapaces poden ver como se crean e funcionan os debuxos animados e as creacións audiovisuais! Quen sabe, ao mellor temos o futuro do audiovisual carballés entre nós!
Asistentes: 16.
Un obradoiro para nen@s de entre 8 a 12 anos que non deixará a ninguén indiferente! Aprenderon non só o mecanismo para facer debuxos animados senón que poideron crear plásticamente as súas propias máquinas para montar e comezar a facer os seus primeiros produtos audivisuais! Eles quedaron encantados e a Biblioteca Rego da Balsa tamén!
#obradoiro #debuxosanimados #audiovisual #cine #montaxe#artesplásticas #infantil #obradoiros #bibliotecas #lercontamoito


Séguenos