O que levamos nas maletas, por Magín Blanco, nas Bibliotecas de Carballo!
Este pasado sábado, 12 de setembro, ás 11:30 h, maiores e pequenos puidemos gozar co concerto musical que nos achegou Magín Blanco ás Bibliotecas de Carballo.
Neste espectáculo deleitámonos con cancións moi agradables, que facían mover o noso corpo con ritmos suaves de jazz. Un espectáculo que varias familias decidiron aproveitar de maneira presencial vindo á biblioteca, sempre respectando as medidas de seguridade que se organizaron; e co que moitas outras puideron gozar desde as súas casas, pois Magín tamén nos ofreceu a posibilidade de facelo en streaming a través das nosas redes sociais.
Desde a Biblioteca de Carballo recomendamos esta actuación, que tivo moi boa acollida por parte do público.
Gracias por deleitarnos coa música que levas dentro da maleta, Magín!

Magín Blanco e a súa maleta
Séguenos