Historias fabulosas, dous magos e outras cousas; con Ian e Elisa
O pasado sábado, 3 de outubro, puidemos gozar nas Bibliotecas de Carballo co espectáculo de maxia de Ian & Elisa: “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas”, unha actuación coa que conquistaron @s maiores e pequen@s que viron a función no noso auditorio, pero tamén a tod@s aquel@s que nos seguiron por streaming nas redes sociais do Concello de Carballo, Cultura Carballo e Bibliotecas de Carballo.
Se queredes sorprendervos con diversas historias, maxia e sombras chinescas, seguramente esta sexa a vosa función!