“Antía, Wamba e o regato pequeno”, por Tropa de Trapo
O mércores 7 de outubro puidemos gozar cun fermoso contacontos grazas ao grupo Tropa de Trapo, que nos achegou con “Antía, Wamba e o regato pequeno” historias de Europa e África.
Este contacontos, que busca romper coa desigualdade e reforzar a tolerancia e solidariedade entre as persoas, tivo unha bonita posta en escea e recorreu tamén a cancións tradicionais como “A saia da Carolina”, para goce de grandes e pequen@s.
O feito de poder difundir a actividade por streaming facilitounos chegar a máis público do que podía asistir presencialmente ás Bibliotecas de Carballo, algo que agradecen @s nos@s usuari@s.
Deixámosvos cuns anaquiños da función para que poidades facervos unha idea do ben que o pasamos!