“Os soños na gaiola” (BPM Corcubión)
“Os soños na gaiola”, con Borja Insua, estiveron o pasado mes de agosto en Corcubión, dentro do programa de animación á lectura: LER CONTA MOITO. Desta vez, e cumprindo coas normas de seguridade COVID-19, quixemos facer a actividade ao aire libre , aproveitando que facía bo tempo.
Os rapaces pasaron unha mañá moi entretida e a actuaciíon encantou a pequenos e maiores.