Tarde de títeres na Biblioteca Central de Cambre
Na tarde do mércores, 21 de setembro, a Biblioteca Central de Cambre acolleu unha divertida sesión de títeres. A función, a cargo de Mircromina Teatro de Títeres reuniu ao público asistente arredor da historia de Raio the Loubican, metade lobo, metade can, un interactivo espectáculo de títeres no que un can faise coa atención das nenas e nenos contando a súa historia de superación e aprendizaxe.