Ver para ler, en Cambre
Na tarde deste venres, 23 de setembro, a Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre acolleu a actividade de animación á lectura ‘Cinema Marabillas. Ver para ler!’ da man de Raquel Queizás.
Nesta sesión tivemos a oportunidade de achegarnos á lectura dun xeito atractivo e divertido, a través da proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas de cine mudo inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. Polgariño, Alicia no país das marabillas, Peter Pan, O mago de Oz… O cinema tamén se le.