Riciños de ouro de Trinke Trinke na Biblioteca municipal de Cerceda
O pasado venres, 20 de maio, desfrutamos co espectáculo de Trinke Trinke “Riciños de ouro” na Biblioteca municipal de Cerceda. Así foi a sesión….
O pasado venres, 20 de maio, desfrutamos co espectáculo de Trinke Trinke “Riciños de ouro” na Biblioteca municipal de Cerceda. Así foi a sesión….
Para conmemorar o Día do Libro 2016, a Biblioteca de Cerceda preparouse para recibir aos lectores e ás lectoras máis novos/as de todo o concello cunha sesión de Os contos do chupete de Migallas Teatro. Cantaron, desfrutaron e, o máis importante, naceron á lectura. Benvidas e Benvidos a vosa Biblioteca!!!
O pasado venres, 23 de outubro, a Biblioteca de Cerceda encheuse de rapazada para recibir o espectáculo de Paco Nogueiras Brinca Vai, de aquí a acolá!! E, desfrutámolo moitísimo!!!
O venres 22 de maio, a rapazada da Biblioteca municipal de Cerceda deu a benvida ao Lobo, dos Contos de Ghazafelhos. Non sabemos se lle quedarán moitas ganas de voltar…o Lobo saíu moi escaldado!!!!
O xoves 30 de abril, a Biblioteca municipal de Cerceda acolleou unha sesión moi especial de Contos… Historias contadas con diferentes linguaxes e favorecer a aproximación de todos e todas á linguaxe de signos.
Un experiencia diferentes na que os/as máis pequenos/as experimentaron novas formas de comunicarse e de favorecer a integración.
Durante o mes de setembro, 10 rapazas e rapaces, da ESO, gañadoras/es do Certame escolar de RadioNovela participaron no Obradoiro de creación sonora. Ao longo das cinco sesións nas que se desenvolveu a actividade puideron aproximarse: ao radioteatro dende a nosa biblioteca municipal, técnicas vocais, e a elaboración da súa propia ficción sonora que en próximas datas emitarase na Radio municipal de Cerceda. Unha experiencia única e moi motivadora
O espectáculo Lobo Bobo da compañía Elefante Elegante fixo encher a Sala da Biblioteca de Cerceda. Unha tarde chea de contos e tamén de merendas na que os/as máis pequenos/as desfrutaron dunha actividade de humor
O pasado venres, a Biblioteca municipal de Cerceda retomou a súa programación de actividades de dinamización da lectura e do libro coa primeira actuación incluída no Programa Ler Conta Moito 2014. Trinke-Trinke encargaouse de encher de novos contos a nosa Biblioteca
Hoxe, a partir das 17:15 horas, a Biblioteca municipal de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos cun espectáculo de Trinke-Trinke.
O pasado venres, 27 de setembro, a Biblioteca municipal de Cerceda recibiu á ratonciña artista de Lonxedetodo, Lili Gruyere. O espectáculo de dinamización fixo as delicias de pequenos e maiores.
Séguenos