Esta tarde a Biblioteca de Cerceda estará chea de merendas, contos e de…RATOS de Lonxedetodo. Ás 17:15 horas
As rapazas e os rapaces gañadores do Certame escolar CERCEDA DÁ GUSTO das Letras Galegas 2013 iniciaron, o 6 de setembro, o obradoiro creativo baseado na dramatización. Un taller que lles está permitindo experimentar coa linguaxe radiofónica e teatral. Ésta é a súa última semana de traballo e pronto poderemos ver os seus froitos. A experiencia conta coa colaboración do programa LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Séguenos