Flora, a Alquimista, empregou procedementos experimentais e mesturas explosivas, poñendo en práctica experimentos modernos, e tamén nos achegou a coñecer e recoñecer a outras inventoras, das que nunca se oíu falar.
Joshua Kenneth a través do ilusionismo fixo viaxar a través da maxia que atopamos nos libros, a cativada asistente e participante nesta peza, de LER PARA CRER. Destacando a importancia da lectura a hora de vivir experiencias que nutren a nosa imaxinación. Un espectáculo dinámico para cativada e acompañantes.

O 24 de outubro Día da Biblioteca, en Cerceda, na nosa Biblioteca Municipal pasamos a tarde con Títeres Cachirulo, escoitando as historias que os seus monicreques nos contaron.
O venres Biosbardos coa narración oral do conto Como axudo a Antón?, amosaron as diferentes situacións que podemos atoparnos na relación social do entorno escolar, e das diferentes visión e solucións ante elas.
Durante a tarde do venres 19 de outubro, a Biblioteca de Cerceda “equipouse” para conmemorar a súa festividade de bolsas e mochilas para @s seus lector@s e foron elas e eles mesmos @s que colaboraron deseñando esta “equipación” para a lectura. Así de ben traballaron



Así de ben o pasamos no Escape Room da Biblio de Cerceda o pasado martes 10 de xullo… E ao final descubrimos todas as pegadas de Alicia!!!
Así de bien o pasamos na Biblioteca de Cerceda con espectáculo Mans de Pablísimo, o pasado venres 26 de maio.


Séguenos