“AS PERIPERCIAS DE XURXO” MALASOMBRA
O pasado 10 de novembro vivimos unha tarde moi divertida coas peripecias de xurxo, un contacontos moi divertido e educativo da man de Malasombra produccións.


O pasado 10 de novembro vivimos unha tarde moi divertida coas peripecias de xurxo, un contacontos moi divertido e educativo da man de Malasombra produccións.



Este ano no campamento de verán desfrutamos de un divertidisimo obradoiro de maxia no que os participantes pudieron aprender xogos de maxia así como expoñelos diante dos seus compañeiros. Un obradoiro moi divertido a vez que educativo.
O xoves 22 de xullo desfrutamos en familia dos contos do gato de Bandullo azul. Un contacontos moi divertido e cargado de cores e humor.

O venres 16 de maio, con motivo das letras galegas desfrutados do obradoiro de “polo correo do vento”, unha mestura de canto, debuxo e narración oral. Os nenos e nenas puideron cantar e tocar os diferentes instrumentos e finalmente colgaron o debuxo das cantareiras no cristal da biblioteca para desfrútalo durante todo o ano.
Unha tarde muy divertida na que puidemos gozar da nosa tradición oral.



Este mércores 14 de maio, como antesala da programación das letras galegas, contamos con Pablísimo e o seu espectáculo mans. Un espectáculo moi divertido e participativo no que os nenos e nenas puideron desfrutar de música, contos, e monicreques.
Unha tarde moi divertida para comezar a programación especial das letras galegas!!!!

O martes 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa, desfrutamos cantando e bailando co musical “Os ourizos”. Un contacontos musicado con monicreques no que a rapazada da Laracha disfrutou moitisimo.

O venres 11 de abril, desfrutamos do conto de “Aldara na montaña” de Soraya Lema, un conto moi participativo no que todos os nenos/as alí presentes puideron formar parte da historia de Aldara de forma activa. Unha sesión moi divertiva e enriquecedora.

Arrincamos o mes do libro coa sesión de contacontos para bebés de Trémola Teatro “Pipo e o paxaro que non sabia voar”, unha mañá chea de historias, música e pompas de xabón na que os máis pequenos puideron desfrutar da compañía de pipo, o paxariño que non sabía voar , pero que finalmente si foi capaz.
Levántate Xan!
E así fixemos todas e todos o domingo pola mañá para escoitar a historia de Xan da man de Caxoto. A cativada máis pequena das casas da Laracha acudiu con incertidume pero con ganas a escoitar estas historias. Fixemos unha viaxe moi bonita, polas nosas emocións, por un universo novo de maxia e descubrimentos.
Grazas Caxoto por compartir a maxia das túas historias nas noas veciñas e veciños máis novos, pasámolo xenial!

Non podiamos imaxinar mellor inauguración do outono e do Samaín que coas historias de medo de Paula Carballeira!
Sapos, bruxas, curuxas, nenas valentes e peixiños namorados foron algúns dos personaxes que nos acompañaron na Biblioteca Municipal de Paiosaco. A capacidade de Paula de facer á cativada e ás familias partícipes é única. Rimos, pasamos medo e sobre todo emocionámonos grazas a estes contos tan singulares.
Que continúe o outono e que chege xa o Samaín!



Séguenos