Antía Yáñez coa rapazada mugardesa
Esta semana visitou a nosa biblio a escritora Antía Yáñez, cunha proposta divertidísima en formato de escape room que puxo a proba a habilidade, o enxenio e o traballo en equipo dos nosos usuarios/as mais novos/as.
Esta semana visitou a nosa biblio a escritora Antía Yáñez, cunha proposta divertidísima en formato de escape room que puxo a proba a habilidade, o enxenio e o traballo en equipo dos nosos usuarios/as mais novos/as.
O pasado luns 27, a Bruxa Chispum pasouse por Mugardos para amenizar cos seus contos aos pequenos/as de Mugardos.
O pasado venres, a rapazada miúda de Mugardos disfrutou da música en vivo con Xoán Curiel, animándose ademais a participar con él nunha mañá soleada que permitiu realizar a actividade no exterior.
Esta vez, nunha actividade de escape room na que tentaríamos axudar a Harry e a Hermione a fuxir. Mais o camiño non foi doado, os rapaces/as tiveron que resolver acertixos, atopar pistas e pensar na forma de empregalas de xeito útil… Toda unha aventura a contrarreloxo!

Como é propio deste tempo, o tema dos defuntos está moi presente. Brais das Hortas achegounos con humor ás crenzas populares tan arraigadas á nosa cultura, nunha velada onde non faltaron as gargalladas.
O pasado venres, @s pequen@s mugardes@s coñeceron, dan man de David Ballesteros, a relación entre a ciencia e a maxia do mundo de J.K.Rowling. A través do mundo de Harry Potter puxemos as nosas cabeciñas a pensar e descubrimos que a ciencia pode resultar moito mais abraiante que a propia maxia…
Unha tarde moi entretida da man de Anxo Fariña, na que @s rapac@s crearon a súa propia cidade violeta cun abraiante resultado final!
O Rato Fuco e a súa amiga Faifá tráennos unha simpática adaptación deste clásico que fai rir a pequen@s e grandes. Papás e mamás axudaron a darlle maior interese aínda a este espectáculo ante a atenta mirada d@s mais pequch@s!
Na biblioteca de Mugardos, tivemos a sorte de poder pasar a tarde do 5 de xuño na compaña da autora Eva Mejuto, nunha sesión xuvenil na que fixemos un exercicio de reflexión sobre temas como a diversidade sexual, a transexualidade ou identidade sexual. Unha experiencia tan recomendable como enriquecedora.
Os rapaces e rapazas da biblioteca de Mugardos convertéronse por un día en expertos biotecnólogos para resolver o caso do asasinato da bibliotecaria, recollendo mostras e pegadas para extraer o ADN do responsable do delito. Mediante materiais que teñen ao seu alcance na casa conseguiron resolver o caso. Unha actividade totalmente recomendable posto que esperta o interese dos nenos/as e na que eles mesmos manipulan, pensan, interactúan e sobre todo, aprenden.


Séguenos