TARDES DE CONTOS NA BPM DE ORDES
O venres contamos co grupo “Música Miúda” e  co noso estupendo público. Éxito total, marabillosa actuación!
O venres contamos co grupo “Música Miúda” e  co noso estupendo público. Éxito total, marabillosa actuación!
O venres 23 de maio tivemos a actuación do grupo “Tilintilonia” na nosa biblioteca. Foi marabilloso! As familias gozaron coa representación da actividade “O baúl da tía Tola”. Facendo biblioteca!

 
 
O vernes 11 de outubro disfrutamos das aventuras da Loba Antea na biblioteca, percorrendo o Camiño de Santiago aprendendo a coidar os nosos montes dunha maneira lúdica e sostible.
A nosa amiga a Loba Antea ademáis tamén é unha artista e equilibrista e xunto coa a súa amiga Sabela aprenderá a reutiliza-lo lixo para montar un circo!!
¡Qué ben o pasamos!

Cu-cú, Tas-tás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir grande con pequeno, enriba-abaixo, lonxe.cerca, etc. A súa familia e amigos ensínanlle a aprender.
Pasámolo moi ben coa Asociación “Barriga Verde” e o seu espectáculo de teatrillo.
 
 
O grupo Antela Editorial estivo na nosa biblioteca e contounos fermosas historias cargadas de valores e ensinanzas. Por outra banda, levamos a cabo un obradoiro de pastilina divertido e foi estupendo. Facendo biblioteca!
O venres 29 de setembro o grupo “Trémola Teatro” representou a súa obra “Leo e as cores ” na nosa biblioteca. Unha vez máis éxito total entre o público infantil e adulto. Marabilloso!

O venres 21 de outubro o grupo “Duende Sico” representou “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”. Un éxito!
Rigoletto Teatro estivo na Biblioteca Municipal de Ordes.  O seu espectáculo triunfou! Facendo biblioteca!
Trémola Teatro estivo o venres 20 de maio na Biblioteca Municipal de Ordes. “A nena que se comía os contos” resultou ser unha historia marabillosa e divertida. O público con ganas de repetir. O grupo magnífico! Facendo biblioteca!

O venres 22 de outubro celebramos “Tardes de Contos e Lendas”. Estiveron con nós Xoán Curiel e o noso público favorito, os nenos e nenas que sempren fan biblioteca. Magnífica actuación!


Séguenos