Manuel Solla estivo na nosa biblioteca o mércores 9 de outubro pola mañá. Contounos historias moi graciosas aos mestres e cativos das Escolas Unitarias de Ordes, Olas e Visantoña. A través de “Contos para todos” , os seus bonecos fixeron as delicias do público, así como os seus relatos, preciosos. Os escolares encantados e nós dexexando que volva a visitarnos…
O venres 27 de setembro visitounos Enrique Mauricio Iglesias, do grupo “MAU Lareira Global”, e fixo as delicias de maiores e e pequenos co seu espectáculo “Violeta, a carteira bolboreta”. Contounos unha preciosa historia, e axudounos a debuxar aínda un pouco mellor. A verdade, foi unha sesión divertida e moi dinámica, chegounos a pouco!
María Noel e unha presa de cativos, usuarios habituais da Biblioteca Municipal de Ordes, xuntáronse o 16 de Maio para celebrar o Día das Letras Galegas. Armados con plastilina, cartóns , libros de manualidades e moita, moitísima imaxinación, fixeron marabillas nunha tarde na que, sen dúbida, disfrutamos todos. Ao tempo, os cativos visitaron a mostra que sobre as Letras Galegas expuxemos na biblioteca. Que creatividade a dos nosos rapaces e rapazas!
Na Biblioteca Municipal de Ordes, temos moitas visitas, pero, unha das máis agradables foi a de Sole Felloza, que chegou e triunfou…. Veu o venres 31 de maio, ás nosas Tardes de Contos e Lendas, e contou, todo, todo e todo. Os cativos encantados, escoitando, falando, mirando contos e libros moi especiais…Os adultos tamén nos divertimos e aprendemos. Ninguén quería que rematase ! Ata outra Sole!!!
O venres 26 de abril, visitounos María Paz Gutiérrez . Estivo na BPM de Ordes, e contounos historias cheas de maxia, sobre a vida en otros continentes. Fixo as delicias de máis de corenta cativos e das súas familias. Xuntos escoitamos fermosas historias e vimos libros , atuendos e obxectos de outros continentes. Para finalizar tomamos o té, que tivo tantos sabores como quixemos imaxinar…Estupendo!
Séguenos