A Biblioteca de Ordes voa con Violeta a carteira
O venres 27 de setembro visitounos Enrique Mauricio Iglesias, do grupo “MAU Lareira Global”, e fixo as delicias de maiores e e pequenos co seu espectáculo “Violeta, a carteira bolboreta”. Contounos unha preciosa historia, e axudounos a debuxar aínda un pouco mellor. A verdade, foi unha sesión divertida e moi dinámica, chegounos a pouco!