“Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” na biblioteca municipal de Oroso
O día 19 de maio realizouse na Biblioteca Pública Municipal de Oroso o obradoiro “IMOS XOGAR CON XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE”, con motivo da celebración das Letras Galegas 2015.
A actividade foi realizada pola compañía Eduvía e os nenos e nenas que participaron nela disfrutaron dos divertidos xogos que propuxeron os monitores para facer as actividades (crear un conto, ilustrar a portada dun libro inventado, definir palabras coma “chuchamel”…), formando diversos equipos, cada ún co nome dun autor ou autora das letras galegas (Rosalía de Castro, Castelao…).
Séguenos