AS ESTACIÓNS EN CONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS NA BPM DE SANTA COMBA
Os sábados 20 e 27 de outubro tivemos dúas sesións de contacontos con Celtia figueiras, onde dunha maneira divertida e amena enseñoulles os nen@s a comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio, seguindo as súas etapas e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar.


O pasado sábado día 6 de outubro estivo na BPM de Santa Comba o Mago Paco co seu espectáculo “Maxia divertida 2.0”. Todos os asistentes disfrutaron dunha mañan de contos con maxia, da que quedaron gratamente sorprendidos.
O venres 10 de agosto na BPM de Santa Comba o publico infantil e o público familiar gozaron da mistura de contacontos, trucos e maxia co espectáculo dos Monicreques de Kukas.



Para celebrar o Día do Libro o luns 24 de Abril as 11 da mañá, contamos con Migallas Teatro coa obra “Os contos do Chupete” na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba.









Séguenos