O pasado sábado 24 de outubro para celebrar o día da biblioteca fixemos un obradoiro creativo chamado “A ciencia é divertida” impartido por Ana Romero, dentro do programa ler conta moito. Onde os/as nenos/as participantes o pasaron xenial.
O día 23 de maio os nenos disfrutaron dun taller sobre o proceso de ilustración dun libro impartido por Óscar Villán, explicando o proceso de ilustración dun libro a través do seu traballo e con debuxantes con estilos e puntos de vista diverxente, coa intección de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo.
O sábado 25 de abril pola mañá, estiveron na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba a compañía de teatro Trinketrinke coa obra “Non máis guerras” dentro do programa Ler conta moito.
A través dos personaxes Lillí Gruyere e Fuco amosaronlle os nen@s a resolución pacífica de conflitos, os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e as cancións dos ratos de Lonxedetodo e La muralla. Tamén explicaron o funcionamento da Biblioteca os Nen@s.
Nen@s participando nunha resolución pacífica dun conflito.
Nen@s participando nas cancions “La muralla” e “Lonxedetodo”
A B.P.M. de Santa Comba realizou os días 22, 23, 24 de maio uns obradoiros infantiles. O seu obxetivo e conectar aos nen@s co mundo dos libros, o cine, a fotografía e as artes plásticas, mediante o “stop-motion”, unha técnica de animación que consiste na creación da imaxe en movemento, a partires da imaxe fixa.
Obradoiro para os maoires xalleiros no que disfrutar da lectura e o debate é o principal fin desta actividade
O sábado 26 de outubro tivo lugar na biblioteca de Santa Comba un Taller de Instantáneas de Plastilina con María Noel Toledo. Unha mañán na que os pequen@s xalleiros disfrutaron coa plastilina e aos que se lle fixeron curtas as dúas horas que durou o taller
07 de xuño, unhas horas antes de ser nomeado Premio Xerais de Novela 2013 coa obra ” Cadeas”, o escritor Xabier López López estivo en Santa Comba. Nunha actividade enfocada aos adultos explicou cómo un lector chega a ser escritor. A súa conclusión é que para ser escritor, primeiro, tes que ser moi bo lector. Esta actividade está incluída dentro do Programa Ler Conta Moito.
Séguenos