O martes 12 de maio, as nenas e nenos de Zas pasárono en grande no Obradoiro de Regueifa.
Obradoiro de Regueifa
Ata se animaron a botar unhas coplas
Obradoiro de Regueifa
Obradoiro de Regueifa
Hoxe, xoves 15 de maio veu celebrar as Letras Galegas deste ano cos nenos e nenas de Zas, Gonzalo, de Elefante Elegante co seu “Lobo Bobo”
Este martes acompañáronnos de novo os ratiños de Lonxedetodo do Trinke Trinke na nosa biblioteca.
Nesta ocasión, unha ratiña contounos contos para promover hábitos saudables na alimentación.
Preparounos un fantástico menú con froitas e verduras … e contos, como non?
Os contos non os comemos, pero estivemos moi atentos/as…
e o menú… deliciooooso!!!
Os nosos xa coñecidos amigos os ratos de Trinketrinke chegaron á Terra de Soneira e fixeron unha parada na Biblioteca Municipal de Zas. Neste caso, Camifuco Ratoncio e Lilí Gruyére.
Precisaron algo de axuda das nosas nenas para demostrarnos que cando temos algo e os outros non teñen.. é mellor compartir…
e axuda tamén dalgúns papás, mamás, avós e avoas que colaboraron gustosamente.
Moito nos gustaron os contos que nos contaron!!!
Séguenos