“Érase un sombreiro…” na A.L.M. de Ribas de Sil
O domingo 17 de abril o grupo Xanela Ocio visitou a Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil.
Os nenos e nenas disfrutaron de 3 contos moi divertidos e entretidos.

O domingo 17 de abril o grupo Xanela Ocio visitou a Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil.
Os nenos e nenas disfrutaron de 3 contos moi divertidos e entretidos.

O Domingo 3 de abril, grazas a Solidaridade Internacional de Galicia e da man de Irene, os nenos/as, nais e pais viaxaron a Guatemala para coñecer moitos detalles deste fermoso país: costumes, alimentación, paisaxes, música, baile… e un conto moi antigo. Actividade moi enriquecedora e participativa, na que os nenos/as descubriron Guatemala cos seus cinco sentidos.

O domingo 17 de maio, para celebrar o Día das Letras Galegas, tivemos na Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil unha sesión de contos dirixida a bebés de 0 a 3 anos.
Nesta sesión, os bebés tiveron un primeiro contacto coa palabra e cos libros.
Unha actividade moi orixinal, na cal os bebés e os maiores puideron disfrutar de contos, xogos de sombras, sons, agarimos, etc.
O sábado 16 de maio, tivemos unha sesión de contacontos mesturados con maxia a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións).
A actividade “Conto Contigo” resultou interactiva, participativa e moi divertida para todos os nenos/as.
O domingo 3 de maio a Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil contou coa actividade “Palma, repalma, contos para bebés”.
Os bebés estiveron moi atentos e os pais participaron de forma activa en todas as actividades propostas: cantos, arrolos, contos…
O domingo 26 de abril, o Grupo de Teatro Triatreros estivo na Axencia de Lectura de Ribas de Sil co contacontos Comechíns.
Nesta sesión a encargada da actividade, Alba Bermúdez, contou varios contos relacionados coa alimentación saudable, onde a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.
O pasado 9 de abril, a compañía Tarabelos visitounos e contounos a divertida historia do rei e do seu traxe “especial”.
Un espectáculo de títeres moi divertido e participativo, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos.
Xa estamos esperando a próxima actividade…


Séguenos