O Carballo con botas na biblioteca Municipal de Chantada
O sábado día 26 de abril, puidemos disfrutar na sala infantil da biblioteca dunha sesión de contacontos titulada Titiricleta, onde os nenos puideron disfrutar dunha entretida sesión de contacontos na que un triciclo alemán cargado cun teatro de títeres viaxa polas biblioecas pilotado por un titiricleteiro e un feixe de monicreques feitos por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, India, Guatemala…, para levar de viaxe as nenas e nenos a través dos contos ao mundo da solidariedade coñecendo outras culturas nunha aposta pola tolerancia, a paz e a xustiza social a respetar a natureza, dicir non ás guerra.
A sesión foi moi participativa co que conseguiu que os nenos non desconectasen da mesma en ningún momento.


O sábado 12 de abril ás 12:00 tivemos unha sesión de maxia da que puidemos disfrutar tódolos asistentes.
O venres 11 de outubro tivemos na biblioteca municipal unha sesión de regueifas a cargo de Bieito Lobariñas e Pinto d’Herbón, pertencentes á Asociación Oral de Galicia. Un grupo de 45 persoas adultas disfrutaron durante un pouco máis dunha hora das súas improvisacións. Esta actividade forma parte das organizadas dentro da programación Ler Conta Moito para este ano.






Séguenos