Disfrutando enormemente co Obradoiro de Banda Deseñada de Xosé Tomásna celebración do Día do Libro. Excelente actividade para os mozos do Clube de Lectura do IES de Foz
Celebrando o Día das Letras Galegas co Obradoiro “Retratando a Díaz Castro”, dentro da programación das letras da Biblioteca Pública Municipal de Foz. 27 nenos da ESO facendo en conxunto unha innovadora actividade, retratando de
maneira cubista ao homenaxeado deste ano.
Os Ratos de Lonxedetodo a parte de ler e contar contos, gústalles cociñar. As súas “Aventuras na cociña” estiveron na Biblioteca Municipal de Foz ás 18.30 h, este luns día 21 de abril para celebrar o Día internacional do libro.
No contacontos “Aventuras na cociña” tratouse o tema da alimentación e propoñeuse hábitos saudables. Tamén os ratos demostran como os elementos presentes nunha cociña nos serven para contar contos.
Contacontos teatral protagonizado por “Trinketrinke teatro”, dirixido a nenos de 3 a 8 anos, que contou con moita afluencia tanto de nenos como de pais.
Este ano celebramos a programación das letras con estupendas actuacións para todos os públicos.
Moito público asisitente no NANOCONTOS para nenos de 0 a 3 anos. Un éxito para os máis pequenos que quedaron encantados coa actuación ao igual que os seus pais. Nos animaron a seguir facendo actividades para este sector de idade e establecimos que a proxima vez, e pode valer para todos, un pai un neno, senón e demasiada xente porque tamé traían aos irmáns máis maiores da idade recomendada.
Tamen celebramos o día das letras galegas con Eduvia e As 6 caras das letras galegas, para rapacesde 4º da eso. Moi entretida e animada actividade


Séguenos