TEATRO CALAVERA NA BPM DE OUROL
Teatro Calavera, coa súa actividade “Chocolate” fixo as delicias dos asistentes. Todos pasamos un momento moi divertido e sobre todo moi dulce!
Teatro Calavera, coa súa actividade “Chocolate” fixo as delicias dos asistentes. Todos pasamos un momento moi divertido e sobre todo moi dulce!
O pasado sábado Cris de Caldas estivo na nosa biblioteca cos seus contacontos para bebés. Os asistentes disfrutaron dunha xornada de contos e de cancións tradicionais para os máis pequenos da casa. Unha actividade totalmente recomendable!
O sábado na BPM de Ourol tivemos a Efervesciencia cun obradoiro moi interesante onde aprendemos o que era a biotecnoloxía e onde os rapaces/as puideron practicar con materiais moi sinxelos. 
O sábado na biblioteca de Ourol realizamos este obradoiro onde os nenos e nenas disfrutaron construíndo o seu propio submarino. Unha actividade do máis interesante para os máis pequenos da casa!
O sábado celebramos o día do libro na BPM coa actividade “A ciencia é divertida”. Experimentos sinxelos e contos para os máis pequenos que o pasaron en grande experimentando por eles mesmos e descubrindo cousas moi interesantes. 
Onte celebramos na biblioteca de Ourol o Día da Poesía cun obradoiro de Zentangle. Os asistentes aprenderon as técnicas básicas para poder realizar os debuxos de forma sinxela, fomentando a tranquilidade e a relaxación e potenciando a creatividade e sensibilidade artística.
Unha actividade totalmente recomendable, os nosos/as usuarios/as quedaron encantados e con ganas de máis!!

O día 30 de xuño, ás 11:00 horas tivo lugar no concello de Ourol a actividade “Crea fósiles de dinsauros”. Unha actividade entretida onde os nenos e as nenas crearon o seu propio fósil de dinosauro e logo levarono para a casa. Ademais aprenderon moitas curiosidades destes impresionantes animais.

O pasado sábado 23 de abril, no Concello de Ourol celebramos o día do libro cun verdadeiro espectáculo de maxia e humor.
A través do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coas bibliotecas municipais, a maga Leo Leíño visitou o noso concello e fíxonos pasar unha maña moi divertida e amena. A actividade estaba destinada para nenos/as a partir de 3 anos e ás familias; os nenos/as que acudiron puideron ser por un día os axudantes desta simpática maga. Nós estamos desexando que volva polo concello pois foi unha actividade valorada moi positivamente por todos os asistentes.


Séguenos