Castelao para crianzas na Biblioteca de Ribadeo
Hoxe conmemoramos o Ano Castelao 2025 cunha xornada moi especial: O alumnado desde 1º a 4º de Primaria gozou co espectáculo “Castelao para crianzas”, de Lela Edicións, unha actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello. Unha proposta divertida e didáctica, que combina narración oral, música e ilustración, coa finalidade de chegar ás novas xeracións a figura e obra de Castelao. Ao final, nenas e nenos debuxaron o seu pingüín, e tooodos saíron perfectos.






Os amigos de Noa non comparten os seus xogos, e iso faina sentir diferente. Pero a súa avoa ten un segredo especial: tod@s levamos un monstro dentro que, se o afrontamos, pode converterse no noso mellor amigo.

Hoxe os coles de Ribadeo participaron na actividade de animación a lectura “Na túa man”, de Raquel Queizás. Como éramos moit@s, fomos ao Auditorio Municipal, e descubrimos como un libro nos pode iluminar con novas ideas, e que tod@s podemos aportar o noso gran para unha convivencia respetuosa e igualitaria.











Séguenos