” Con dez poemas por barba ” : ALDAOLADO na Biblioteca de Sober
A actividade desenrrolouse coma estaba previsto ás 19:00h. do mércores 10 de xuño. Neste espectáculo nos achegamos á poesía de Aldaolado, un gran proxecto desenvolto por estas mozas, grandes poetas : Lucía Aldao e María Lado. Unha posta en escea lúdica e divertida, escoitamos os seus versos e tamén doutros autores das nosas letras. Houbo música de David Bowie e outros clásicos. Estupenda a versión de Rocío Jurado ¡ en galego ! e por último un poema de desamor a partir dunha receita de cociña : “Obleas de fígado de porco”.
























Séguenos