“Contando números, cantando cores” na biblioteca de Xermade
Pablo Díaz chegou á biblioteca de Xermade coa actividade “Contando contos, cantando cores”. Contounos contos como “O libro dos porcos”, ou “Orellas de bolboreta” e cantounos cancións de piratas, xoaniñas….. Cantando e contando, traballando e reflexionando sobre a igualdade de xénero.






Actuación chea de música en galego, de cancións pegadizas inspiradas nas ondas da radio







Leo Leiño fíxonos pasar unha boa tarde de maxia e libros na biblioteca de Xermade. Os asistentes desfrutaron e participaron en cada un dos seus trucos de maxia con ilusión e moita atención. Faloulles do “Principiño”, do “Viaxe ó centro da terra” e doutros moitos libros de calidade e que merece a pena que os rapaces lean. Leonor e Cristina ían enlazando detalles destes e doutros contos, cos seus marabillosos trucos de maxia.


Séguenos