BIBLIOCANTA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIOS

@s participantes na actividade disfrutan cantando cancións como as da: Pita Chora, o galo canta e os pitiños fóra.

@s participantes na actividade disfrutan cantando cancións como as da: Pita Chora, o galo canta e os pitiños fóra.

O 21 de xullo de 2017, Os nen@s disfrutaron na biblioteca de Riós, dunha actividade moi divertida que lle trasladou @s participantes un día tan importante como é o das letras Galegas.
O pasado 12 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello do Riós, tivemos o pracer de coñecer a unha ratiña moi especial, Lilí Gruyère. O contacontos teatral “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro entusiasmou a todos os asistentes. Mediante cancións e contos, amosounos a importancia de comer axeitadamente e destacou o valor das persoas máis maiores.
O pasado día 6 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello de Riós, recibimos con entusiasmo a Carmen Domech e a súa fascinante maleta ateigada de libros. Houbo intres de sorpresa, sorrisos e intriga. Os cativos que participaron neste contacontos, a través da imaxinación, conseguiron achegarse aos libros dun xeito completamente diferente. Foi toda unha sorte poder gozar desta experiencia.
O día 22 de xullo tivemos a oportunidade de afondar na polifacética figura do galego Luís Seoane. Crearte Servizos Culturais, mediante imaxes proxectadas e pequenas actividades, permitiulle aos cativos descubrir como a arte forma parte da nosa historia e do noso presente.
O diálogo entre a educadora e os participantes foi esencial para favorecer a creatividade e a interpretación das imaxes artísticas. O obradoiro resultou marabilloso e os nenos e nenas que se achegaron á Biblioteca do Concello de Riós amosaron o seu entusiasmo en todo momento.
O 16 de xullo, na biblioteca municipal de Riós levouse a cabo unha actividade moi divertida, nunca mellor dito, os nenos nenas deste concello disfrutaron dunha actividade moi intuitiva combinada cos relatos de varios contos.

Esta actividade desenvolveuse de maneira moi divertida, os nenos e nenas asitentes disfrutaron coa monitora que resoltou moi activa co noso grupo.


Séguenos