O gato Fazulas na Biblioteca do Carballiño!!
O pasado venres, tivemos o gato Fazulas na Biblio!! Unha tarde moi gatuna da man de Bandullo Azul.
O pasado venres, tivemos o gato Fazulas na Biblio!! Unha tarde moi gatuna da man de Bandullo Azul.
Hoxe pasamos unha horiña chea de diversión o aire libre na Praza da Biblioteca que está adicada o escritor Antón Losada Diéguez. Carballo con Botas convidounos á montar na súa Ciclobiblioteca, houbo bailes, contos e algún truco de maxia. Os cativos estiveron moi entretidos.
O pasado venres tivo lugar na biblioteca un obradoiro de cómic dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos no que os cativos puideron convertirse en ilustradores do seu propio cómic e adicarllo a súa superheroína favorita.
O pasado venres, 25 de outubro, recibimos a visita de Fran e Filipa e flipamos cos contos!
Fran amenizou a velada coa guitarra e soubo captar a atención de nenos e pais.
Filipa, nun principio, mostrouse reticente a saír da maleta pero un pouco de motivación por parte de Fran e… vaia se saíu!!
Nenos e maiores rimos moito.
O pasado venres, día 30 de agosto, tivemos unha visita máxica na biblioteca. Os cativos pasárono moi ben cos trucos e contos do Mago Paco e, algúns personaxes, como o Capitán Calabrote e unha serpe moi particular que aparecía e desaparecía sempre que lle daba a gana. Quedaron abraiados co truco das madalenas e, tamén, porque despois o mago vendeu cada unha a 5 euros. Isto é un escándalo!!!
En resumo, o Mago Paco sabe conquistar aos máis pequenos e aprecianse as súas táboas no escenario.

O pasado venres, día 26 de abril, pasamos unha tarde monstruosa con Carmen Domech.
Os máis cativos gozaron con tres historias: na primeira temos a Max, un neno que imaxina que é un lobisome e convértese no rei dos monstros, na segunda historia, Carmen preséntanos a outro tipo de monstros que habitan na comida que mercamos no supermercado e, na terceira temos a un monstro que lle resulta difícil identificar as súas emocións pero é axudado por outros monstros.


Qué ben o pasamos co xornal de Paco Nogueiras na Biblio do Carballiño! Bailamos e brincamos!

O CALVOROTA CHEGA Ó CARBALLIÑO PARA FACER O DELEITE DO PUBLICO CO SEU ESPECTACULO DE MAXIA. FOI UNHA MAÑA CHEA DE SORPRESAS


Séguenos