Tarde Monstruosa na Biblioteca do Carballiño!
O pasado venres, día 26 de abril, pasamos unha tarde monstruosa con Carmen Domech.
Os máis cativos gozaron con tres historias: na primeira temos a Max, un neno que imaxina que é un lobisome e convértese no rei dos monstros, na segunda historia, Carmen preséntanos a outro tipo de monstros que habitan na comida que mercamos no supermercado e, na terceira temos a un monstro que lle resulta difícil identificar as súas emocións pero é axudado por outros monstros.