Proxección audiovisual de imaxes do libro Airiños aires Rosalía comentados e explicados polo seu autor Xurxo Lobato.
O día 6 de Outubro pola mañá estivo connosco Patricia coa actividade Bibliocanta onde os nenos/as do colexio público de Maceda de 5º de educación Primaria convertironse en cantantes, músicos e bailaríns cun reportorio de cancións tradicionais.
Combinamos Astronomía e Poesía ca escritora Estibaliz Espinosa que estuvo na Biblioteca Pública de Maceda cos nenos/as de 3º e 4º da ESO.
O mago Albert cautivou ós nenos/as do colexio público de Maceda coa súa maxia.
Os nenos/as do colexio Público de Maceda, o día 18 de outubro tiveron con eles a Patricia, como gran profesional do teatro mostrouelles ós nenos/as que por medio dos libros e a súa lectura podemos atopar muller heroínas que conseguiron cambialo mundo.
Eli Rios estivo o 14 de outubro pola mañá cos alumnos/as de 1º e 2º de Bacherelato do I.E.S SAN MAMEDE de Maceda. A escritora abordou temas como a diversidade sexual, a pornografía e as relacións consensuadas e o amor na adolescencia. Tivo unha moi boa acollida.
Obradoiro de minicontos onde os nenos/as de segundo da ESO, elaboraron un minilibro onde se traballou a escrita e maila ilustración dunha maneira moi sinxela, ademais de encadernar cada un o seu conto.
Os nenos e nenas do colexio CEIP de Maceda, o xoves día 10 de Outubro pasaron unha maña moi divertida con BIBLIOCANTA, unha fórmula maravillosa na que os nenos achegaron o cancioneiro tradicional galego.
Un conto moi divertido no que aprendemos a loitar pola igualdade de xénero


Séguenos