Celebración do DÍA da BIBLIOTECA: “A cabaza encantada” con Teatro Calavera na Biblioteca de Verín
O pasado 24 de Outubro, de 18:00h. a 19:00h., para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA e dentro do conxunto de actividades de fomento á lectura e animación cultural da Biblioteca de Verín, no programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia; tivemos a actividade «A cabaza encantada» con Teatro Calavera.
Prazas limitadas para socios/as de 3 a 9 anos, Prazo de inscrición a partir das 10h. do luns 20 de Outubro.
IMPORTANTE: Informar e asinar AUTORIZACIÓN SOBRE ALERXIAS DE PRODUTOS ALIMENTICIOS.
Senopse da actividade: Conto teatralizado e obradoiro de cociña. Os nosos protagonistas, O Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa viven unha nova aventura para rir de medo. Un día Antón plantou unha semente, nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou…unha cabaza! Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar.
Máis info Teatro Calavera: https://www.facebook.com/Teatro-Calavera-1044018725612341
Ver reel Instagram: https://www.instagram.com/reel/DQMuBXTCFFb/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Ver máis imaxes: https://www.instagram.com/p/DQM1GPUCDhF/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==






O pasado venres 16 de maio ás 18:00h, para celebrar as Letras Galegas, tivemos un divertido espectáculo de narración e monicreque a cargo de Galitoon Teatro, dirixido aos/as socios/as de 3 a 9 anos previa inscrición a partir das 10h. do luns 12 de maio.
O pasado 25 de Abril ás 18h, tivemos a actividade «Chocolate co cociñeiro Antón e a pastelera Tomasa». Teatro e Manualidade Infantil para tódolos/as socios/as da Biblioteca (de 3 a 9 anos), previa inscrición a partir das 10h. do luns 21 de abril.


O pasado venres 19 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Paco Nogueiras e a presentación do seu libro disco «Brinca Vai! De aquí a acolá», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.
O pasado venres 12 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Raquel Queizás «O Eco das Pedras», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.
Sinopse O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo: En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar.
O pasado venres 27 pechamos o ciclo “Venres de Conto” cunha gran festa Pirata da man da compañía de teatro infantil Galerna Crúa.



Séguenos