19/06/2015
A Biblioteca de Verín clausura o curso cunha sesión de contacontos e manualidades doces
O xoves 18 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promoveu unha sesión de contacontos e manualidades “moi doces”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Esta iniciativa puxo o broche final ao
ciclo de actividades realizado durante o curso 2014-2015. Un total de 40 iniciativas culturais e lúdicas, coma contacontos e manualidades, cursos de informática, relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros.

A actividade que tivo lugar o 18 de xuño que correu ao cargo da compañía de Teatro Calavera, que representarán “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”. Trátase da escenificación dunha historia de amor entre o cociñeiro e a pasteleira –Antón e Tomasa son algo máis que amigos, por iso Tomasa convidouno á súa casa; ás oito, a comer biscoito. Non foi de comer biscoito, senón por culpa do viño e do touciño polo que o cociñeiro Antón caeu de fociños-. Unha actuación moi divertida de 35 minutos seguida dun obradoiro de pasta de azucre, “fondant”, cunha duración de uns 40 minutos.
Esta iniciativa atópase enmarcada en Ler Conta Moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Imaxes e máis info no noso Facebook
Imaxes (máis calidade) en Flickr
Séguenos