«O Eco das Pedras» con Raquel Queizás na Biblioteca de Verín
O pasado venres 12 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Raquel Queizás «O Eco das Pedras», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.
Actividade na que colabora a Rede de Bibliotecas de Galicia no Programa Ler Conta Moito.
Sinopse O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo: En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar.