” A carteira de Augasclaras” de Carmen Domech na ALM de Corvillón
O mércores 11 de outubro estivo con nós Carmen Domech co seu espectáculo “A carteira de Augasclaras” no que a carteira reparteu cartas na biblioteca. Unha de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo. Outra da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais. Tamén había unha rapaza que para gustarlle ao seu gran amor vaise desfacendo de aspectos persoais pero finalmente pensa “eu vou comigo” e decide ser ela mesma a risco de non gustarlle ao seu amor.
Pasárono xenial!!!
























Séguenos