LITERATURA AFINADA NA ALM DE DOMAIO(MOAÑA)
Neste obradoiro o mestre gaiteiro Xavier Blanco (Fundación Legar) musicou (composición propia) pezas de obras de diferentes épocas, desde os xuglares a cantares de cego do medievo, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Anxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Ernesto Guerra da Cal (cantou un poema de Lorca en galego musicado por Ernesto Guerra) , Blanco Amor (cantou un poema de Lorca musicado por Blanco Amor), Uxio Novoneira, María Mariño, Eduardo Moreiras, Manuel María, Bernardino Graña (cantou unha obra de Bernardino musicado por Suso Baamonte) e Xosé Neira Vilas.
O público emocionouse moito pola beleza deste repertorio acompañado dos instrumentos de raíz recollidos e creados pola Fundación Legar.






























Séguenos