O martes 22 de setembro Animar-T contounos como unha nena pode construir unha casiña de acollida para os animaliños da natureza cunha pequena Casa de Cartón.
Contacontos animado, acompañado de títeres e cancións fixeron que os máis cativos pasasen una tarde divertida, participando no desenrolo do contacontos interactuando co animador.
Encantados de poder axudar aos animaliños!
Este martes 22 de outubro foi unha tarde de concerto.
Con Pablo Díaz e a súa banda os máis cativos e tamén como no os maiores, cantaron o repertorio de Tic tac Toc.
Gran actuación de música infantil para despedir esta tanta de actividades de animación á lectura.
Este martes, 15 de outubro tivo lugar na biblioteca de Coiro una sesión entretida de contacontos da man de Raquel Queizás.
A través de varios contos onde se nos transmitía que no mundo hai moitas cousas por desfrutar e que compartir pero sempre na tolerancia, na igualdade e na diversidade.
Nenos e adultos formaron parte dun contacontos activo e participativo cunha única mensaxe: Somos iguais!
O pasado día 8 de outubro, Filipa visitou a Biblioteca de Coiro.
Da man do Bandullo Azul , este títere entrañable contounos unha chea de contos a modo de viaxes que fixo polo mundo.
Animado contacontos que estivo acompañado de música onde tanto os nenos coma os adultos pasamos un bo rato.
O martes 1 de outubro na biblioteca de Coiro da m
Pasamos unha tarde na cociña co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa cunha invitada terrorífica, unha cabaza encantada!. Risas, cancións e sorpresas fixeron as delicias neste contacontos.
De seguido, os máis novos quisieron participar na iniciativa da pelota da igualdade e da diverxidade fotografiándose con ela e sumando así un graniño máis de area neste proxecto.
Por último pusemonos man á masa e desfrutamos dun magnífico obradoiro de galletas monstruosas.Ummm riquísimamente terroríficas.
A tarde do martes día 24 de setembro tivemos a sorte de desfrutar dunha tarde espectacular de maxia con Leo Leíño.
Nenos e adultos asombrados cos trucos desta maga. Trucos divertidos que espertaron as risas do numeroso público asistente.
Na ALM de Coiro tivemos unha visita especial, o martes día 17 de outubro, a pirata Escarlata da man de Marisa Irimia cautivou a nenos e adultos coas suas aventuras polos mares do mundo, perigos e tesouros.
Unha pirata valente que demostrou aos rapaces que non existe xénero para as proezas, para ser valente como unha pirata.
Co gaio da celebración do Día das Bibliotecas , o día 23 de outubro pasmolo en grande con Teatro Calavera que fixo as delicias na biblioteca de Coiro con Chocolate.
Desfrutamos dun estupendo contacontos onde o Cociñeiro Antón reta a pasteleira Tomasa a conseguir o mellor chocolate do mundo.
Tomasa colle rumbo mar adiante en busca da árbore do cacau e consegue facer o mellor chocolate do mundo….
E todos dimos fe diso, ummm riquísimo!
O pasado martes día 9 de outubro tivemos unha tarde especial como sastres … metémonos no Faiado de Nin, e fixemos as nosas propias bolsas para gardar os libros que levemos en préstamo da biblioteca.
Pasamos unha tarde do máis entretida cortando telas, coloreando e perfilando bolsas. O resultado, uns lectores contentos e satisfeitos do seu traballo.
Agora, só queda darlle uso a esas estupendas bolsas.
Séguenos