Con motivo da celebración da Semana do libro na Axencia de Lectura de Coiro, o pasado día 21 de abril , tivemos a visita de Polo Correo do Vento, e tivemos a sorte de que nos contasen ” A volta ao mundo en oito máquinas” da man de Carlos Taboada e de Enrique Mauricio. Os nen@s e pais desfrutaron moitísimo e ademáis puideron aprender a debuxar nun pequeno obradoiro de debuxo ao finalizar o contacontos.
Unha tarde do máis entretida na Biblioteca de Coiro (ALM de Coiro).Pudemos desfrutar de Merenda con pan de millo da man do grupo de Teatro Migallas.
Pequenas historias acompañaron a un repertorio musical divertido onde os maís pequenos e non tan pequenos aproveitaron a ocasión para compartir con nós esa estupenda escolma de cancións populares.
O pasado día 21 de maio tivemos a gran sorte de poder contar cos Contos de Pablísimo na Biblioteca de Coiro. Pablísimo deleitounos con “Contos de príncipas e princesos”, foi unha xornada de tarde onde os nenos de idades comprendidas entre 3 a 12 anos e os xa non tan nenos, os seus pais, puideron desfrutar dunha tarde de contos, participando e interactuando nalgunha das narracións.
Velada amenizada con música e instrumentos que fixo que os nenos desfrutaran do máxico mundo dos contos.
Séguenos