Contos como unha casa na Biblioteca de Darbo

Iria Pinheiro visitounos onte na biblioteca de Darbo e pasamos unha tarde xenial coas historias que nos contou de distintos contos da editorial Patasdepeixe.

Iria Pinheiro visitounos onte na biblioteca de Darbo e pasamos unha tarde xenial coas historias que nos contou de distintos contos da editorial Patasdepeixe.
Na biblioteca de Darbo celebramos o Día do Libro coa compañía de Fran Ameixeiras de Bandullo azul e a cadeliña Becky.
Fran contounos algunhas das historias que lle aconteceron a Becky nas súas viaxes. Contos moi orixinais acompañados de música e algún que outro baile, que transmitiron á rapazada valores como a importancia de compartir ou o respecto polas persoas e tradicións dos lugares que visitamos.


O mércores 25 de outubro tivemos en Darbo (Cangas) este obradoiro de globoflexia, realizado por Ian e Elisa.
Despois dunha espectacular sesión de maxia, as persoas asistentes aprenderon a realizar diferentes figuras con globos.
Foi unha actividade moi amena e participativa.
O mércores 26, para celebrar o Día do Libro estivo na biblioteca de Darbo Celtia Figueiras de A xanela do maxín co seu espectáculo “Lúa quere viaxar….a Marte!”
En Darbo xa coñecíamos a Lúa, pois visitounos o ano pasado co contacontos “U-la Lúa”, e xa que a historia continuaba, non nos quixemos perder as novas aventuras de Lúa tras percorrer o mundo.
Nesta ocasión, a gatiña Lúa quere ser astroanauta e viaxar a Marte, máis non contará co apoio das súas amizades e familia, que lle dirán que non o conseguirá. Sen embargo, tras moito esforzo, consegue superar as probas da “Gatanasa” e así cumprir o seu soño. Lúa demostrounos a todos e todas que se nos esforzamos conseguiremos todo o que nos propoñamos.


O pasado mércores día 19 de outubro estivo na nosa biblioteca Carmen Domech.
Deleitounos cun contacontos con títeres de tres historias diferentes, todas elas moi “monstruosas”: Onde viven os monstros, O monstro de cores, e unha historia creada pola propia Carmen coa que puidemos coñecer moitos dos “monstros” perxudiciais presentes nos nosos alimentos.
Cada un dos contos tiña un decorado diferente, todos elaborados de xeito artesanal e moi detallados, os títeres moi fermosos, como toda a actuación no seu conxunto.
Nenos e maiores saíron moi contentos da actividade.

Da man de dúas exploradoras que buscaban un tesouro fomos coñecendo diferentes personaxes de contos coñecidos polo público como “Monstro rosa” ou “Vivan las uñas de colores”
Cada unha delas tiña un anaco dun mapa que ao unirse indicaba que o tesouro se atopaba en “Xalundres”. Ó remate da actividade descubrimos onde está ese misterioso lugar e o segredo do tesouro que contén.

O mércores 15 de xuño tivemos na Biblioteca de Darbo (Cangas) a actividade “U-la lúa” de A Xanela do Maxín.
Foi un contacontos con monicreques a través do cal coñecemos a historia de Lúa, unha gatiña que quere percorrer mundo e ter moitos amigos e amigas.
Pasámolo xenial e aprendemos que nunca temos que abandoar os nosos soños.

O xoves 15 de Outubro tivemos na biblioteca de Darbo a visita de Raquel Galavís coa súa obra “O Principiño en Madagascar”.
Coñecemos a historia de Toni, un escalador que viaxou a Madagascar na procura dun exemplar do Principiño en lingua
Malgache e aprendemos moito sobre a vida en Madagascar, pero sobre todo descubrimos cómo atopar ao Principiño que está en cada un de nos.

Onte desfrutamos dunha tarde de música e contos na biblioteca de Darbo coa Tropa de trapo.
Pasámolo fenomenal na compaña destes dous grandes artistas.

O pasado mércores, día 23 de Outubro, estiveron en Darbo María Faltri e Jorge Juncal co seu espectáculo “Fantasía Musical”.
Foi un concerto moi ameno, con temas de distintos xéneros musicais. Nenos e nenas divertíronse cantando, bailando e xogando coas letras do abecedario. Un estupendo peche do programa Ler Conta Moito deste ano.


Séguenos