O pasado día 27 de maio tivemos na biblioteca a actuación de Teatro Calavera. Representaron a obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”. Foi un espectáculo moi ameno e cheo de sorpresas que gustou moito a maiores e pequenos.
Ó rematar houbo un obradoiro moi divertido de decoración de magadalenas con fondant, onde os máis cativos aprenderon esta técnica de pastelería.
Onte pasamos na biblioteca unha tarde diferente, pois contamos coa visita de Leo Leiño e a súa “Máxia Cómica”. Foi un espectáculo moi ameno e participativo, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban. Leo estivo divertidísima e fixo unha morea de trucos, coa colaboración de moitos dos nenos do público. Ó rematar todos tiveron unha variña máxica como agasallo. Os asistentes quedaron moi contentos coa actuación.
O pasado xoves, 5 de Xuño, tivemos a visita da Asociación Garabullo na Biblioteca de Darbo. Desfrutamos moito co seu espectáculo de monicreques, “Unha pinga de mel”, co cal aprendemos cousas moi interesantes do mundo das abellas e ó rematar tivemos un obradoiro de creación de velas moi divertido.
Onte tivemos a sorte de recibir a visita de Sarabela Teatro na Biblioteca de Darbo. Deleitáronnos cunha sesión de contos moi entretida, na que houbo moito humor e incluso algunha que outra canción. Rapunzel e Gretel estiveron do máis divertidas, en todo momento captaron a atención dos rapaces asistentes logrando a súa participación. Ó final da actuación ensináronnos un bonito libro cunhas ilustracións despregables de contos cásicos fantásticas que gustaron moito ós mais cativos.
O día 18 de Xullo tivemos na biblioteca o obradoiro “Instantáneas de plastilina” coa ilustradora María Noel Toledo.
Os rapaces asistentes traballaron en grupos, e tras imaxinar unha instantánea dun momento fugaz, a representaron con plastilina dentro dun escenario. O resultado final do proceso foron as fotografías que a propia María Noel sacou ós traballos realizados creando así unha serie de instantáneas do máis orixinal.
O pasado 24 de Maio recibimos a visita de Manuel Solla de Expresión Produccións cos seus “Contos para todos”.
Foi un espectáculo moi ameno e participativo no que ademáis de contos houbo maxia, teatro e moito humor. O público asistente quedou moi contento coa actuación.


Séguenos