05/10/2015
O pasado mércores, día 30 de setembro, tivemos na Biblioteca de Darbo (Cangas) unha visita moi especial. Catalina Lino Lina, co seu libro xigante, chegou á nosa biblio con algúns amigos e un montón de historias divertidas que fixeron pasar un moi bo rato a maiores e pequenos.