“A peregrina máxica ” na Biblioteca Municipal Central de Cangas

Nenos e adultos pasamos un bo rato desfrutando dos contos e xogos da peregrina máxica.

Nenos e adultos pasamos un bo rato desfrutando dos contos e xogos da peregrina máxica.

Divertímonos moito coas andanzas do León azul que Trécola Teatro dramatizou na Biblioteca.

Mere Clown visitou a nosa biblioteca e contounos unha versión do conto do frautista de Hamelín en crave de clown coa que desfrutamos.

Xarope Tulú deleitounos cunha divertida sesión de contos con personaxes extraídos da súa maleta.


Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.
O venres tivemos na Biblioteca un estupendo Obradoiro de podcast a cargo de Damián Alonso. Divertímonos moito aprendendo a locutar e editar un podcast.


O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa divertíronnos moitísimo co seu conto “A cabaza encantada” e seguidamente os nenos desfrutaron no obradoiro de galletas “monstruosas”.

Onte Trinketrinke fíxonos pasar un bo rato coa súa versión do conto clásico e a divertida colaboración do público na posta en escena.

Onte recibimos na Biblioteca a Leo leiño e desfrutamos cunha divertidísima sesión de maxia e contos para peques e maiores.


Recibimos na Biblioteca infantil ao Carballo con Botas que nos deleitou co seu contacontos “Unha árbore vén a vernos, contos para abrazar as árbores”. Unha espléndida sesión arbórea…


Séguenos