Contacontos A Reconquista na Biblioteca Central de Cangas

Recibimos na Biblioteca a Antía, gañadora do Premio Fina Casalderrey de Igualdade, que leu o seu libro a un grupo de escolares que visitaron o centro.

Recibimos na Biblioteca a Antía, gañadora do Premio Fina Casalderrey de Igualdade, que leu o seu libro a un grupo de escolares que visitaron o centro.

Ciencia en Ruta ofreceunos unha entretida sesión informativa e moi interactiva cos nen@s sobre o noso sistema solar e algunhas mulleres que ao longo da Historia destacaron neste campo tradicionalmente reservado aos homes.

Marisa Irimia visitou a nosa biblioteca cos seus divertidos contos sobre a igualdade, facendonos pasar un bo rato nunha calurosa tarde de setembro.

Onte recibimos na Biblioteca Central de Cangas ao estrafalario Dr. Tilla que cos seus contos e cancións fíxonos pasar un bo rato mentras nos falaba dos remedios para a enfermidade causada polo virus de mach.
Celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda Historia de Brancaflor a cargo de Culturactiva que encantou ao público.

O venres, 8 de xuño, divertímonos coa obra de títeres “A cabeza do dragón”, de Títeres Cachirulo, baseada en textos de Valle-Inclán.
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda actuación de Mamá Cabra, con “Contos que saen dos libros”.

O 12 de maio festexamos o Día das Letras coa contadora Cris de Caldas, que escenificou ” A Galiña azul e compañía”, e falounos sobre Carlos Casares e as súas obras infantis, rematando a actividade cun obradoiro de marcapáxinas.

Festexamos o Día do Libro co espectáculo de Javier Muro “O neno que quería ser mago”, un entretido conto urdido con elementos máxicos.
Na Biblioteca Central de Cangas festexamos o Día do Libro con “Mans”, divertida animación de Pablísimo que encantou ao público.



Séguenos