“Unha terra chea”, contos cantados na biblioteca de Covelo.

Contos Cantados por Truque Matruque que fixo que pasaramos unha boa tardiña o pasado venres 7, nos alrededores da biblioteca de Covelo





O pasado venres día 4 estivo na biblioteca Marisa Irimia e a pirata Escarlata, que fixeron pasar unha mañá moi agradable os nenos e nenas da escola infantil de Covelo.

O mércores 2 dentro do programa de Ler Conta Moito en Igualdade, visitou a biblioteca o ilustrador Xosé Tomás, explicándolles os rapaces de 5º e 6º do colexio de Covelo as diferentes técnicas para a realización das viñetas e debuxos dos libros e contos. Actividade moi interesante e participativa para todos os nenos e nenas.

O martes 24 visitounos a biblioteca de Covelo Raquel Queizás, acompañada de Queliña unha aventureira aviadora que lle gusta contar historias. Os nenos de primaria do colexio disfrutaron das aventuras e contos relatados por Queliña para demostrar que as nenas e nenos SOMOS IGUAIS de valentes e igual de sensibles.

O venres 20 de setembro visitou a biblioteca Alba Bermúdez. Cos seus contos os nenos descubriron como a lectura pode abrir apetito e sobre todo que cousas convén comer para saciar ese apetito.


O venres día 9 visitounos o Mago Paco co seu novo espectáculo ” Unha maxia diferente”, espectáculo relacionado coa igualdade entre homes e mulleres do que disfrutaron os pequenos e maiores no auditorio da biblioteca de Covelo.
O mércores 24 con motivo das festas patronais de Covelo visitounos Magín Blanco nos arredores da biblioteca, co espectáculo musical”Camiños”, interpretando temas propios para un público familiar.

O venres 12 tivemos un obradoiro de marionetas de variñas impartido por Anxo ( Viravolta Títeres ). Os rapaces crearon monicreques empregando papel de refugallo como materia prima. Ao remate aprenderon a mover as marionentas.




Séguenos