A peregrina máxica na B.P.M de Mondariz-Balneario

Leo leíño A peregrina máxica
No día de onte, 15 de xuño, achegouse ate a nosa biblioteca a maga Leo Leíño, que nos veu presentar á peregrina Egeria para levarnos de peregrinaxe cara a Santiago. A cativada e o público xeral desfrutou moitísismo cos trucos de maxia e os xogos desta actuación “A peregrina máxica” que nos amosaron todos os segredos que o camiño esconde. Aprendemos moito sobre o camiño, a compostelana, os selos, os peregrinos, e sobre a catedral e as súas lendas.
Para nós foi un pracer telas aquí, pasamos unha tarde ben divertida e agardamos que Leo nos volva sorprender con outro dos seus marabillosos espectáculos.






Encantounos o teatriño con todas esas xanelas a través das que Pablo nos contou os contos tradicionais e os non tan tradicionais. Agardamos que nos volva visitar axiña con máis contos tan espectaculares coma estes.




Onte tivemos con nós a Paco Nogueiras facendo que toda a cativada, pais e nais bailasen ao seu ritmo, coa sintonía de Radio Bule Bule. Un espectáculo baseado nun libro cd-dvd editado pola editorial Kalandraka, cheo de música, baile e moito humor. Fomos para casa coas pilas ao tope de marcha!!







Séguenos