No Porriño contamos con Lore Lavand con “A Vida Mesma”
Unha experiencia inesquecible para públicos de todas as idades. Ainda que foi dos primeiros dias de choiva.

Unha experiencia inesquecible para públicos de todas as idades. Ainda que foi dos primeiros dias de choiva.

Nesta presada de distraccións a estrear, actuará o mellor ilusionista dispoñible,…non será o mellor, mais será o máis dispoñible, amosando unha escolma de trapalladas ben feitas.
Amais, invocamos á participación das persoas presentes…e as que non acudan tamén, grazas ás propiedades de atracción que nel son espalladas. En resumo: unha tarde con moito aquel.



O 12 de setembro estivemos coa Compañía Espectacular coa representación “Os mundos de Elisa” e mostraron unha selección de contos que falan de igualdade, poder persoal e entusiasmo.
Elisa séntese pouco valorada na súa familia por ser nena. Pero entre todos pasamos unha tarde divertida e chea de experiencias.

Unha tarde de maxia co Mago Teto en familia sempre queda na memoria como unha boa tarde, enriba quedou solleira, que máis podemos pedir para conservar un bo recordo.
Panos que cambian de cor, cartas que toman vida, cordas que danzan coma serpes, …, son algúns dos obxectos sinxelos que fan posible grandes milagres.
O xoves 14 de setembro, Magia en la Manga da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, representou un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual, a igualdade de xénero.

O Mago Paco amósanos un espectáculo inspirado no mundo fantástico e divertido que teñen as nenas e nenos na súa cabeza, cheo de lugares asombrosos, extrañas personaxes, aventuras máxicas, milleiros de cores e enerxía se
n límites.
O xoves 15 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Larraitz coa obra “A festa dos monicroques”, un espectáculo de títeres familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Moitas da formas titiriteiras beben da cultura popular, dos mecanismos e utilización de materiais que recoñecemos nos brinquedos tradicionais, nos cantos e na narración oral. A Madeira, as teas, a herba trenzada están nos monicreques que leva para celebrar nas bibliotecas a festa por compartir todo ese coñecemento nunha conversa exemplificada con escenas de títeres, poemas de Rosalía de Castro e cancións populares.

O xoves 8 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Fran Rei coa obra “Superheroe”, un espectáculo de narración familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Trátase dunha obra moi entretida con argumento moi peculiar. En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.

Durante o encontro con Paula Carballeira todos e todas pasamos medo, o mesmo tempo na nosa cabeza quedaron historias e sorrisos, grazas Paula a semana foi moito mellor ca túa simpatía.

Se as leis se cumprisen estrictamente o mundo deixaría de xirar¡, a historia de amor entre un contrabandista galego e unha contrabandista portuguesa demostran que é necesario. O club de lectura
do Porriño pasou unha tarde diferente con Avelino e quedaron con ganas de máis.




Séguenos