“Elas pintan moito” no Porriño
Hoxe tivemos no Porriño o espectáculo de narración oral “Elas pintan moito”, que levou a cabo a Compañía Migallas Teatro.
Tratouse dunha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron, como Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abordouse a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata a creación artística.
Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubriron facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba. Tamén se animou a de senvolver as capacidades creativas sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.







O venres 12 de maio, ás 18:00 horas, a compañía Babaluva Teatro usou as ferramentas da narración oral tradicional para dar a coñecer personaxes e historias de Carlos Casares, coa obra “Babacontos con Carlos Casares”, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, a inventiva e a creación espontánea.













Séguenos