


Al e Tana fixeron que a mañá deste mércores fose divertida coas súas historias e cuestións caninas e as súas grandes preguntas sobre o mundo da literatura.

Os nenos e nenas participantes gozaron activamente das súas cancións e coreografías.
Na biblioteca de Sanxenxo celebramos o Día da Biblioteca con Elisa & Iam facendo un obradoiro de Globoflexia.

Un final apoteósico para rematar as actividades que se desenvolveron ao longo deste mes de outubro na biblioteca. Este pasado xoves 24 de outubro Elisa e Iam puxeron o broche de ouro a un mes repleto de actividades co seu Obradoiro de Globoflexia. De aperitivo, para ir abrindo boca e ollos, uns trucos de maxia que fixeron rir a esgalla! Logo diso, o obradoiro de globos onde cada quen mostraou as súas habilidades elaborando figuras do máis diversas: cans, cintos, espadas, sombreiros…. Todos querían facer máis e mellor e todos marcharon para casa contentos e cunha brazada de figuras de globos tal que mesmo parecía que viñeran os Reis Magos!! Foi unha estupenda xornada!
Arredor de 70 persoas, moitos nenos/as de diferentes idades e tamén adultos, achegáronse á biblioteca para desfrutar a aprender. A actividade gustoulles moito a todos, a nós tamén!! E esperamos contar con esta simpática parella para o ano que ven na nosa biblioteca. Foi un pracer tervos aquí, Iam e Elisa. Moitas grazas


“Donde viven los cuentos” estivo en Sanxenxo o pasado xovese 17 de outubro cunha aventura sobre a igualdade de xénero en todas as profesións da vida a través da “Aventura de Daniela Pirata”.
Todos os nenos e nenas puxeron o seu graíño de area para axudarlle a Daniela a superar as 7 probas para converterse nunha auténtica pirata que surca todos os mares de fantasía. As nosas especiais piratas fixeron unha pócima máxica coa axuda dos participantes que contribuíron a engadir os mocos de bruxa, pis de sapo e … uff! A saber que máis!! Estiveron fantásticas!!


Que animaliño é? Trémola Teatro na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo o mércores 16 de outubro.
É esta unha actividade para bebés pequerrechiños, de 0 a 3 anos que se achegan cos seus pais/nais a descubrir novos mundos na biblioteca. É certo! De feito, o máis pequeniño só tiña 15 meses. Aínda que tamén acudiron nenos maiores de 3, e mesmo máis maiores, maiores sí…. 10?…11? (Lembrade que a biblioteca permanece aberta a público)..E pensades que a estes máis grandes non lles gustou? Pois nada máis lonxe da realidade…. Gustoulles tanto como aos pequenos. A nós tamén nos gustou, por certo, e mesmo axudamos a cantar e deixamos que o corpo se arrulara co ritmo das cancións.
Acompañadas de instrumentos musicais: un xilófono e un ukelele e coa axuda dunhas marionetas ben feituquiñas, estas dúas rapazas de Trémola Teatro engaiolaron a todos os asistentes xogando a descubrir os animaliños que se agochaban tras do biombo. Canta empatía e canta facilidade para conectar facilmente co público, facendo participar a todos. Unha actividade feita con moito cariño, tenrura e esmero. Graciñas!

O pasado día 3 de outubro contamos coa presenza, na BPM Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, dunha persoa moi querida para nós que, ademais, nos visita con moita frecuencia ao longo do ano. Falamos de Juste Kamishibai, Papel e Teatro, con quen xa temos contado en anteriores ocasións.
Este ano, Juan e Mónica trouxéronnos un espectáculo con marionetas de papel para falarnos da igualdade e da loita contra a violencia de xénero. Coa axuda de despregables Pop-Up e do teatro de papel, Juste foille narrando aos nenos diferentes historias a través do personaxe da “fada Menta” que ten como obxectivo educar na igualdade e na diversidade.
Hai que salientar que estas historias están baseadas no libro de contos de Gemma Lienas titulado “Libro das emocións para nenos e nenas”. E que a autora autorizou expresamente a esta compañía para representar os contos do seu libro en Galicia.
Noraboa! a Juste e Mónica polas súas leccións de igualdade. Penso que a todos os participantes lles quedou ben clariño que “non hai cousas de nenos e cousas de nenas senón de persoas”.


Onte tivemos ocasión de gozar, rir a esgalla e mesmo participar e facer maxia coa actuación do gran mago Pedro Bugarín que nos deleito cos seus trucos e co seu bo humor.
Trasladamos a actuación ao auditorio municipal que está no mesmo edificio ca biblioteca “Emilia Pardo Bazán” para dar cabida a canta máis xente mellor e tamén fixemos coincidir a actuación coa actividade municipal da “Ludoteca na rúa” de xeito que os 40 nenos que participaban nesta tiveran a oportunidade de ver a actuación e participar dun soño: ser magos por un día.
Agradecemos a Pedro Bugarín a súa simpatía, profesionalidade e bo facer e tamén ao programa Ler Conta Moito que nos brinda estas oportunidades que nos axudan a saír da rutina habitual e poñer énfase na diversión arredor das bibliotecas.

Filipa cos contos … mar adiante arribou a Sanxenxo da man de Fran Campos para celebrar connosco o “Día da Biblioteca” este pasado 24 de outubro.
E foi unha celebración ben sonada e ben acompasada ao son da guitarra, con estes acordes escoitamos contos e historias dun grande contador. Aínda que…. sentímolo por Fran pero a protagonista absoluta da tarde foi a súa marioneta “Filipa” que encandilou aos rapaces e… é que lle cae tan ben contar contos…. que parece que mesmo naceu para iso!
Así que dende Sanxenxo queremos agradecerlle a Fran e a Filipa a súa presenza na nosa biblioteca. Un saúdo agarimoso.

Unha tarde marabillosa, onde Mónica e Juan fixeron que as nenas e nenos o pasarán pipa, construíndo os seus propios teatros .
Remataron todos moi contentos e cargados cos teatriños, saíron da biblioteca para logo na casa poder contarlle novas historias a toda a familia.
Moitas gracias a Monica e Juan pola dedicación e paciencia que puxuron no seu traballo esta tarde.

Onte Manoele de Felisa deleitounos co seu espectáculo “A cantar poesía con Manoele de Felisa” na Biblioteca de Sanxenxo.
Ao son da súa guitarra nenos e adultos cantaraon e bateron palmas facendo un percorrido pola obra de Mª Victoria Moreno, Neira Vilas, Rosalía de Castro…. Da man deste cantautor achégamonos un pouco máis ao significado da poesía para saber das emocións e sentimenos que encerran os versos.
Queremos agradecer a súa presencia aquí a todos aqueles que quixeron acompañarnos neste recital cantado.
Moitas grazas tamén a Manuel pola súa música e os seus versos. E moitos biquiños a Lúa -a sua filla- unha estrela pequeniña que xa reluce coma un sol.



Séguenos