O venres 15 de maio, co gallo da celebración do día das Letras galegas, pais e nen@s participaron nun divertido xogo por equipos, onde as preguntas versaban sobre a figura de Filgueira.
Con motivo do 23 de abril, día do libro 2015, e enmarcado dentro da actividade “Ler conta moito”, tivo lugar a actividade de Regueifa-Brindo na nosa biblioteca.
Os regueifeiros Josiño da Teixeira e Bieito Lobariñas, da Asociación Oral de Galicia, levaron a cabo un obradoiro de improvisación en verso que espertou gran interés por parte do público asistente, pola súa facilidade de palabra e as súas enxeñosas estrofas. O espectáculo ten unha forte compoñente musical que animou ós asistentes a participar.
Os/as nosos/as usuarios/as saíron esa tarde xa sabendo regueifar!
Queremos dar as grazas a Josiño e a Bieito por amenizarnos a tarde e facernos descubrir outras posibilidades que ofrece a poesía, sempre cun toque de humor.
Esperamos velos de novo noutra ocasión.
Narración oral, tal e como a contaban hai máis de 2.000 anos en Galicia.
Leva ós nenos a un mundo imaxinario, sorpréndeos coa súa orixinalidade, consegue transmitir emocións, ás veces sorpresa, ás veces medo, coas súas descricións de personaxes e situacións variopintas, todo acompañado de moita tenrura.
O día 23 de abril levouse a cabo a actividade Contos para un caldiño de Baobab Teatro na biblioteca de Silleda.
Andrea, a “cociñeira” de este caldiño tan particular foi a condutora do espectáculo no que guiou ós/ás nenos/as na procura duns ingredientes especiais: os sentidos, co fin de desfrutar dos contos propostos.
A actividade estivo orientada ós/ás cativos/as de 3 a 10 anos dos colexios da zona, que participaron activamente nunha xornada lúdica xunto cos mestres/as.
Xogos por equipos, de probas e preguntas o día das Letras Galegas, e o autor homenaxeado este ano: Roberto Vidal Bolaño, como temática.



Actividade de dinamización, con música, teatro e danza. Narración oral. Títeres, conta-contos, maxia, animación, clown, música en directo.


Séguenos