“Ramona Órbita, a dona do tempo” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
O pasado martes cantamos e bailamos con Pakolas.

O pasado martes cantamos e bailamos con Pakolas.


Obradoiro de animación á lectura sobre a discriminación por ser diferente e sobre o acoso.




Oliver Button é unha estrela!!!!

Hoxe pola mañá tivemos a actividade de Ler Conta Moito na Biblioteca de Riós: Robótica educativa. Creatividade inspiradora.
Unha actividade certamente interesante, educativa e tamén divertida.
Onte martes 26 de xullo estivo Andrea contándonos a historia de Amelie Earhart, e taller de elaboración de dous modelos de avións… que xogamos con eles a facer viaxes.

No día de onte na Axencia de Lectura de San Vicente disfrutamos dun obradoiro moi interesante e divertido.
Con algo tan simple coma un anaco de cartón os nen@s pasaron un par de horas creando o seu boneco ou monicreque. Cada un dos participantes moi atentos as explicacións de Ton construíron un monicreque e personalizárono.

O pasado venres, 22 de xullo, paco Nogueiras visitou Trazo coa súa Radio Bulebule e fixo as delicias dos pequenos e pequenas do campamento de conciliación, que visitaron as instalacións da biblioteca municipal.
Este martes día 26. Bardo Abelardo triunfa da Axencia de Lectura de Portosin.


O sábado 23 de xullo e anticipándonos a celebración das Festas Patronais e do Churrasco en Covelo visitounos Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai! De aquí a acolá” , no que se combinan cancións e interpretacións con ritmos moi divertidos e que fixo disfrutar as nenas e nenos que se acercaron ata ós alrededores da biblioteca.
Nenos e nenas de Quiroga gozaron dunha interesante xornada de animación lectora e coñecemento contorno co actividade que se desenvolveu hoxe no paseo fluvial de Quiroga.
O percorrido interpretativo polas marxes dos Ríos Quiroga e Sil, foi unha actividade dinámica e participativa . A través dun conto, de xeito lúdico e divertido os participantes descubriron e coñeceron este ecosistema tan próximo a eles.
A profesionalidade de Diego García fixo que nenos e nenas gozaran dunha experiencia moi gratificante. Parabéns Diego.


Séguenos