SCAPEROOM EN CERVO

Unha super pirata visitou onte a axencia de lectura de Corvillón (Cambados), para encher de aventuras e reflexións sobre igualdade aos pequenos e pequenas piratas asistentes. O tempo pasouse voando!



O pasado, xoves 10 de outubro, tivemos o espectáculo 8 M(ulier) de Trémola Teatro na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.
Os adultos e os máis cativos, acompañados polos seus pais, puideron gozar da historia de Branca Neves dende unha nova visión.
A obra foi unha mistura de recitais poéticos, cancións, sarcasmo e drama, dende unha perspectiva feminista.


Pedro Bugarín encandilou ao númeroso público asistente ao espectáculo Maxia para Todxs que tivo lugar na tarde de onte na Biblioteca Daniel Castelao do Concello de Silleda.
Os nenos e nenas puideron desfrutar dunha serie de números de trucos de maxia que os deixaron abraiados tanto a eles como as familias acompañantes.


O día 4 de outubro celebrouse un obradoiro de marionetas de variñas, que foi todo un éxito.
O xoves día 26 de setembro os mais cativos o pasaron en grande coa actividade de Carballo con botas, titulada Libros para coidar a terra. A interacción co público infantil foi moi intensa, por parte de Carballo con botas que rematou a súa actuación levando aos nenos/as en biclicleta. Éxito total.
Chegou a Pirata Daniela a Ponteareas. O xoves 3 de outubro Daniela Pirata foi unha actividade moi divertida e ao mesmo tempo didáctica para formar cativos/as na igualdade e contra a violencia de xénero.A excelente resposta dos nenos serviu para demostrar que son uns verdadeiros piratas e comprobaron ademais, da man de Daniela, que nenos e nenas poden conseguir calquera meta que se propoñan con independencia do seu xénero.
O xoves 19 de outubro tivo lugar nas dependencias da Biblioteca Municipal de Ponteareas a actividade “Un rato máxico” de Calvorota, que presentou a Don Pergamiño. A personaxe desta historia, é un rato que mextura contacontos, maxia e monicreques, fixo as delicias dos cativos/as que o pasaron moi ben. O público infantil ( e tamen os maiores ) reíase a menudo, aplaudía notándose que a actividade era do seu agrado. O ambiente veraniego favorceu aínda máis o seu aspecto festivo e de ledicia que houbo durante todo o contacontos.


Séguenos